Hola a todos:
Aquí os dejo el relato del concurso ‘’Ciencia que conta’’, yo elegí ''Aquí de día, alá de noite?'' que lo subí al Google Drive, le inserté hiperenlaces y le añadí una imagen al documento.
Espero que os guste, saludos.
Aquí de día, alá de noite?
Un sábado, deica a unha da tarde, Xabier estaba xogando cos amigos ao fútbol cando de súpeto se lembrou dunha cousa moi importante: hoxe era o aniversario do seu querido curmán Miguel, que tiña 8 anos co- ma el, e vivía coa súa familia en California. Marchou correndo ata a súa casa para chamalo canto antes.
Á súa nai pareceulle moi estraño que estivese na casa tan cedo, pero non lle deu importancia. Despois decatouse de que Xabier estaba a andar co teléfono e díxolle:
—Que fas? Deixa o teléfono no seu sitio, anda. —Quería chamar a Miguel, que está de aniversario, e se o deixo para máis tarde vaime esquecer! –respondeulle Xabier.
—Como vas felicitalo agora? Ti non te decatas, meu fillo, de que alá en California son as catro da madrugada e a xente está durmindo? –reprendeuno a nai.
O rapaz tardou en responder, pois aínda estaba asimilando esa información. Como que naquel lugar a xente aínda durmía? Na súa casa a luzdo sol entraba en torrente pola ventá, o reloxo da cociña marcaba a unha da tarde e a xente toda andaba esperta e ocupada nas súas tarefas matu- tinas (agás, claro está, os máis durmiñóns). Non o entendía, así que nun principio pensou que os californianos serían coma os mouchos, que dur- mían de día e iso non casaba moito coa descrición do seu curmán Miguel. Logo preguntoulle á súa nai e esta díxolle:
—Verás, meu rei, en California hai nove horas menos que aquí. Agora vai xogar un pouco, que teño que atender a comida.
Esta explicación non lle serviu moito a Xabier, que pensou: «Se aquí é a unha da tarde e alá son as catro da madrugada, xa sei eu que hai nove horas de diferenza, que non son parvo. O que eu quero saber é por que hai esas nove horas de diferenza!».
Entón, o luns, na clase de Ciencias, o rapaz comentoulle á súa profesora o tema que o tivera ocupado toda a fin de semana. A mestra, Tareixa, demostroullo dun xeito moi divertido: primeiro puxo unha cadeira no medio da clase, e a todos os nenos xirando arredor dela, como se fosen planetas; isto era o movemento de translación, o que Xabier xa entendía perfectamente porque era un alumno dos maiores de cuarto curso. Despois, ao mesmo tempo que todos xiraban arredor da cadeira, xiraban ta- mén sobre si mesmos: isto era o chamado movemento de rotación da Terra; entón, mentres os ollos dos nenos, que representaban a España, vían o moble do medio da clase, a súa caluga quedaba no lado oposto; polo que se a súa caluga fose California, non recibiría a luz do sol nese momento e por iso sería de noite.
Deste xeito Xabier comprendeu por que en California, onde vive o seu querido curmán Miguel, hai nove horas menos que en España.
No hay comentarios:
Publicar un comentario